top of page

O proxecto de reapertura da mina de Touro denegado en 2020

Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino escribe un artigo de prensa no que lembra que o proxecto da mina de Touro-O Pino foi denegado no ano 2020.


"No ano 2017 unha descoñecida, sin experiencia e nobel empresa chamada Cobre San Rafael, SL solicita a actualización do proxecto de explotación da concesión minera San Rafael, situada non concellos de Touro e O Pino, presentando un proxecto de explotación para extracción de cobre, nos terreos explotados entre os anos 70-80 do século pasado, cunha proposta que aumenta unhas 400 hectáreas máis de propietarios particulares, que se verían expropiados de non chegar a acordos de venda das súas terras.

Manifestación contra a mina en Touro no ano 2018.
Manifestación contra a mina en Touro no ano 2018.

Con este anuncio, do mesmo xeito que sucedese uns anos atrás, cando se tentou enterrar as vacas tolas nos terreos da mina pechada, a xente de Touro e O Pino inicia unha mobilización sen descanso e con ela o inicio de denuncias polas verteduras industriais procedentes dos terreos sen restauración da mina, as denuncias polos malos cheiros continuados procedentes da planta de tratamento de residuos, denuncias por sondaxes sen os preceptivos permisos en zonas públicas, e un traballo incesante para presentar alegacións e informes contra o proxecto; as trabas para acceder á información e a posición favorable dos alcaldes destes concellos á mina, fixo que a mobilización fose máis intensa e numerosos colectivos se mobilizaran e apoiasen aos veciños e veciñas.


Ao mesmo tempo desprégase unha intensa campaña de enxeñería social por parte do grupo empresarial da mina que inclúe o patrocinio de equipos deportivos, de festexos, o adoctrinamiento en centros educativos das comunidades afectadas, a creación dunha asociación instrumental (astroturfing) para a defensa dos intereses corporativos, e a manipulación da opinión pública a través de múltiples noticias propagandísticas en medios de comunicación (greenwasing) e continuas referencias á minería sostible- verde- vertido cero, cuestións todas elas de imposible compatibilidade cunha explotación de mineira metálica e moito menos coas actividades económicas existentes na zona.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A tramitación ambiental foi longa, máis de dous anos nos que a empresa en todo momento trata de convencer á Administración das bondades do novo proxecto e de que os impactos da anterior explotación mineira xa non eran significativos por mor das actuacións de restauración que acometeran nos anos anteriores a base de residuos de diferentes procedencia mal chamados “tecnosuelos”.


O proxecto contou cunha oposición social que foi coñecida en todo o país e apoiada por numerosas organizacions, liderada por veciños e veciñas de Touro e O Pino, que non pasou desapercibida, poñendo de relevo de maneira constante a ausencia de restauración e a contaminación das augas, sendo obxecto de varias preguntas no Parlamento Europeo, onde tamén se tramitaron varias peticións, así durante unha audición parlamentaria celebrada en decembro de 2021, o proxecto da mina de Touro foi destacado como exemplo de malas prácticas.


En 2020 ditouse Declaración de Impacto Ambiental desfavorable e en 2021 chega a resolución da Administración de minas denegando o proxecto;  a Conselleira de Medio Ambiente comunica a DIA negativa, o mesmo día que a fan pública, á Presidenta da Comisión de Peticiones para que procedera ao peche das peticións abertas no Parlamento Europeo, indicando que o fallo chega despois de analizar en profundidade os informes emitidos por Patrimonio Natural e Augas de Galicia que o calificaron como «desfavorable» e «insalvable». Os demoledores documentos técnicos deixaron ás claras que o proxecto mineiro comprometía seriamente a calidade das augas e a protección dunha zona de especial conservación (ZEC).


A Comisión de Peticións pechou en 2020 as Peticións -n.° 0386/2018, 1194/2017 e 0174/2018 –polas que autorizara unha misión de investigación sobre a problemática da minería en Galicia e en especial en relación á mina de Touro, cando recibiu a comunicación da Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para a reapertura da mina, concluíndo:


“Peticiones 1194/2017, 0174/2018 y 0386/2018.

Según lo indicado por los peticionarios por correo electrónico a la Comisión de Peticiones el 13 de febrero de 2020, la mina de cobre propuesta fue sometida a una evaluación medioambiental de conformidad con la Directiva sobre la evaluación de impacto

ambiental (EIA)12, que concluyó con una declaración de impacto ambiental negativa. Por consiguiente, las autoridades competentes no están de acuerdo con el proyecto minero. En cuanto a los efectos medioambientales de las instalaciones mineras abandonadas en Touro, de la información facilitada por el peticionario se desprende que la mina cesó su actividad en 1986 y que las instalaciones asociadas para la gestión de los residuos de extracción se hallan abandonadas desde entonces. A este respecto, la Comisión señala que los residuos depositados en esas instalaciones deben gestionarse sin poner en peligro la salud humana y sin perjudicar al medio ambiente. Además, con arreglo a la Directiva 2006/21/CE13, los Estados miembros deben elaborar y actualizar periódicamente un inventario de las instalaciones de residuos de la minería cerradas y abandonadas que tengan un impacto negativo en el medio ambiente o constituyan una amenaza potencial grave para la salud de las personas o el medio ambiente. Estos inventarios deben ponerse a disposición del público y pueden servir de base para un programa de medidas adecuado”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Despois desta decisión, a mesma empresa Cobre San Rafael S.L. anunciou que volvería presentar un novo proxecto de similares características, e demanda á Xunta de Galicia recorrendo a DIA desfavorable ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


En Touro e O Pino, os veciños e veciñas que nos opoñemos á reapertura da mina, continuamos coa nosa oposición a este intento, co peche en falso da DIA desfavorable, que non saldou as problemáticas que motivaron que acudiramos á Comisión de Peticiones; as circunstancias que chamaron a atención desa comisión continuan sin resolverse, máxime cando temos encima da mesa un novo proxecto de reapertura, agora coa protección de proxecto industrial estratéxico, aínda que se dea a mesma situación que motivou a calificación de desfavorable e insalvable".


*Veciña e veciños da Plataforma veciñal Mina Touro O Pino NON


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page