top of page

A formación A Banda da Loba presentará o seu espectáculo 'Lovismo' o 19 de xuño en Arzúa

Forma parte da programación da Festa da Música da Deputación da Coruña


Ecos da Comarca/Arzúa

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebra o Día da Música estendendo a súa programación a todo o mes de xuño cun ciclo de concertos que terán lugar en Vimianzo, Vilasantar, Boiro, Arzúa, Arteixo, Cee, Padrón, Culleredo e A Coruña. Con esta gran 'Festa da Música', a Deputación busca ampliar a oferta cultural e poñer en valor a música galega en directo.

O programa dará comezo o vindeiro 11 de xuño en Vimianzo, co espectáculo 'A cadeira da avoa', de As Tareixas. A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 11:00 horas. A mesma proposta repetirase o 19 de xuño en Vilasantar, no CEIP Présaras, ás 12:00 horas, e o 21 de xuño en Boiro, na área recreativa de Praia Xardín, ás 18:00 horas.


A formación A Banda da Loba presentará o seu espectáculo 'Lovismo' o 19 de xuño en Arzúa, ás 21:00 horas, na praza de Galicia (en caso de choiva, será no Multiusos Terra do Queixo). Ao día seguinte, o 20 de xuño, o grupo levará a súa música ata o anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo (con alternativa no auditorio en caso e mal tempo) e o 21 de xuño ata Cee, ao auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura, ás 22:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O proxecto 'Agora é o tempo', de Francisco Castro & A banda dos Borges, poderá verse o 20 de xuño en Padrón, no atrio do Convento do Carme, ás 20:30 horas, e o 21 de xuño en Culleredo, no auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo, tamén ás 20:30 horas.

Tamén o 21 de xuño terá lugar un concerto de Carmela no Teatro Colón da Coruña, onde presentará o seu espectáculo 'Vinde todas'.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page