top of page

Outorgan o I Galardón Lambirón da Plataforma Mina Touro-O Pino NON, ó alcalde de O Pino

Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A Plataforma Mina Touro O Pino Non dá un paso máis na defensa da terra. "Constituímonos en asociación ambiental e cultural para formalizar e comprometer a nosa oposición á mina nos nosos concellos, e tamén adquirir un compromiso maior, non solo na denuncia das malas prácticas senón tamén na visibilidade e apoio das boas iniciativas". E como toda asociación decidiu crear uns galardóns: os Galardóns “Lambirón” ás malas prácticas ambientais e culturais.


Por que Lambirón?

"Lambirón é un personaxe da mitoloxía galega que se di que fai o mal por canto sitio vai, case sempre é de fóra do país, un forasteiro, ou un estraño, que non sabe tampouco a lingua galega ou non a practica; aínda que con apariencia humana, polos seus actos as veces parece non selo, dise que ían polos camiños envelenando fontes, secando colleitas, estragando os froitos e sementando pestes, incluso roubaba e levaba crianzas, nos tempos de agora diríase coma unha pandemia", explica a plataforma.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para obter este galardón, non é preciso inscribirse en ningures, e os agasallos tampouco van ser económicos, "por se non o sabedes a nós gústanos o trueque. O galardón vai cunha recomendación, case sempre didáctica, de aprendizaxe, ou de reparación, xa que non perdemos a esperanza e a confianza na posibilidade de mellora e reparación do ser humano. Os galardóns Lambirón de Mina Touro O Pino Non, irémolos publicando periodicamente, segundo vaian xurdindo e teñamos tempo; poden aparecer en calquera momento sin esperalos, os lambiróns son así. Tamén convidaremos a recoller o premio en reunión conxunta, porque nos agradará moito explicar en persoa os motivos e dar a posibilidade reparación e devolución do premio a quen xa desista da súa actitude na mala

práctica, o que será todo un logro, tanto para quen recibe o premio como para nós, porque significará que o motivo do premio xa non existe e foi rectificado", engade.


Os agasallos Lambirón poden ser variados e diversos, segundo o dano que o Lambirón fixera. "Pode ser un libro, unha clases de boas prácticas do cuidado ambiental, a petición de reparación do dano feito, convidarlle a aprender e estudar, convidarlle a conocer e respetar os nosos medios de vida ou incluso convidarlle a marcharse da nosa terra e non volver se fora preciso".

"Para empezar cun Lambirón de actualidade imos outorgar o I Galardón Lambirón da Plataforma Mina Touro- O Pino NON, ó alcalde de O Pino por asfaltar a Carballeira da Madalena, un precioso espazo de interese natural e forestal ás beiras do rego Carballas, á que se lle foron quitando recordos da veciñanza, que precisa sempre de conservación e mantemento, pero non de máis cemento".


Como agasallo recoméndalle "consultar con personas cualificadas antes de semellantes decisións e para elo pode poñerse en contacto, por exemplo, coa Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego – APATRIGAL 2 e analizar unha vía de reparación posible para tal actuación. Agardamos a comunicación do alcalde de O Pino para poder facerlle entrega persoalmente, poden contactarnos en calquera das nosas redes ou no correo electrónico", conclúe.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page