top of page
Foto del escritorLaura Moure

O programa ‘Enredando Tour R’ chegará a Lalín

Permitirá que medio milleiro de persoas maiores de distintos municipios coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías


Laura Moure/Lalín

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, sinalou que o programa Enredando Tour R permitirá que medio milleiro de persoas maiores coñezan as vantaxes das novas tecnoloxías. Este luns asistiu á presentación desta iniciativa impulsada polo Goberno galego, Cruz Vermella e a compañía telefónica R.

En concreto, a Xunta aportou 90.000 euros para a posta en marcha deste proxecto que consiste nunha viaxe en furgoneta por 11 localidades distintas da comunidade na que se lle dará a coñecer as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Os primeiros municipios que visitará son: A Coruña, Cedeira, Viveiro, Sarria, Monforte, O Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín, Ponteareas e A Guarda.


A conselleira agradeceu á Cruz Vermella e a R o seu esforzo por axudarlle ás galegas e aos galegos a sacar proveito do mundo dixital para mellorar a súa calidade de vida. Neste sentido, apuntou que a Xunta e a Cruz Vermella aplican esta mesma filosofía a través do servizo de teleasistencia, que permite levar axuda e coidados a 7500 fogares galegos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page