top of page

O programa 'Coidados porta a porta' volve a Silleda no mes de agosto

5 jul 2023
1 min de lectura

Está dirixido ás persoas maiores de 55 anos e é necesario pedir cita previa


Ecos da Comarca/Silleda

O programa Coidados porta a porta volve a Silleda. A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia presta de xeito gratuito a través desta iniciativa unha serie de servizos destinados ás persoas maiores de 55 anos. En Silleda estará unha unidade móbil os días 9, 10, 11, e 21 de agosto na rúa I (tras o centro médico). O horario de atención será de 9.00 a 20.00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os servizos, que se prestarán ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:

- Servizo de Audioloxía: consistente en valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

- Servizo de podoloxía: faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

- Servizo de estimulación da memoria: un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As persoas interesadas poden pedir cita previa chamando aos números 622 748 283 – 623 546 992 ou a través do mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Preme na imaxe se queres contactar connosco.







Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page