top of page

O Programa Ardora imparte charlas para previr condutas aditivas entre a xuventude

A asistencia é gratuíta, pero é necesario inscribirse


Ecos da Comarca/Silleda

O programa Ardora, xestionado pola Asociación Arraianas e financiado pola Consellería de Sanidade, implementa o seu proxecto Máis que un teito en varios concellos galegos, entre eles no de Silleda. Este proxecto consta de tres charlas, unha por mes, que se imparten co

obxectivo de previr condutas aditivas entre a poboación infantil e adolescente.

Estas formacións están destinadas a familias con fillos/as en idade escolar. Realizaranse na Casa da Xuventude en dúas convocatorias de asistencia: de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O martes 31 de outubro falarase da Prevención das condutas aditivas na infancia e na adolescencia (conceptos básicos, factores de risco e de protección e estratexias para previr condutas aditivas).


O martes 14 de novembro trataranse os Estilos comunicativos (conceptos básicos, estilos comunicativos adaptados ao desenvolvemento educativo das crianzas e estratexias para unha comunicación saudable).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xa por último, o martes, 5 de decembro o tema central será a Resolución de conflitos (conceptos básicos e estratexias para afrontar os cambios no ciclo vital familiar).


Para asistir a estas charlas, que son de balde, é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 592 037 ou presencialmente no Centro Social de Silleda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page