top of page

O PP no Congreso dos Deputados pide a ampliación de efectivos e modernización da Garda Civil de Melide

27 feb
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide informa de que o Grupo Popular no Congreso dos Deputados vén de presentar unha Proposición non de Lei (PNL) ante a Comisión de Interior para esixir a ampliación de efectivos e a modernización das instalacións e equipos da Garda Civil de Melide.

"O pasado día 13 de decembro recibimos en Melide a visita de Ana Vázquez, deputada

nacional e voceira de interior do Partido Popular, e de Marta González, tamén deputada pola provincia da Coruña, coa intención de coñecer de preto a falta de medios e a situación de inseguridade permanente que se vive en Melide nos últimos meses. Neste sentido, Ana Vázquez e Marta González comprometéronse a levar a preocupación dos veciños e veciñas de Melide ata Madrid, así como as nosas reivindicacións neste sentido. Así pois, a semana pasada, o Grupo Popular presentou ante a Comisión de Interior do Congreso dos Deputados unha PNL para reclamar ao Goberno de España que se atenda esta cuestión e se solvente esta falta de efectivos e medios".


“El puesto de la Guardia Civil de Melide, que da cobertura a los municipios de Melide (101 km2), Toques (78 km2) y Santiso (68 km2), lo que supone un ámbito de actuación cercano a los 250 km2. Sin embargo, actualmente solo cuenta con cuatro agentes en activo”, sinalou o Grupo Popular no Congreso.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais, os representantes galegos do Partido Popular en Madrid insisten en que “no se puede garantizar atención presencial continuada en horario de mañana (pese a estar asignada de 9:00 a 14:00 horas), se incrementan los tiempos de respuesta y, en muchas ocasiones, los vecinos encuentran el cuartel cerrado y son derivados a puestos con servicio 24 horas como Milladoiro (Ames) o Betanzos que se encuentran a 1 hora de camino. A ello se suma la falta de efectivos de la Policía Local (dos agentes cuando deberían ser ocho), lo que dificulta las actuaciones conjuntas y agrava la sensación de inseguridad en la capital de la comarca”.


"Esta é a descripción dunha situación insostible no tempo que afecta a todos os veciños e veciñas de Melide que", tal e como se incidiu desde o Grupo Popular, "é unha localidade cunha importante poboación estranxeira, o cal xera unha elevada actividade administrativa no marco do cumplimento da Ley de extranjería e de coordinación en materia laboral, o cal satura aínda máis uns recursos xa limitados".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Dende o Partido Popular de Melide agradecen "fondamente esta preocupación dos nosos representantes no Congreso dos Deputados e insistimos nestas reivindicacións para solventar a situación de inseguridade persistente e afrontar con garantías os vindeiros meses, que inclúen desafíos loxísticos como a previsible apertura do treito Melide-Arzúa da autovía A-54. As reivindicacións presentadas no Congreso dos Deputados facémolas extensivas ao Concello de Melide, ao cal reclamamos novamente que cubre as prazas vacantes e manteña un servizo de Policía Local acorde ás nosas necesidades e, dunha vez por todas, reclamente de xeito contundente ante a Subdelegación do Goberno que se

solventen estas deficiencias no posto da Garda Civil de Melide".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page