top of page

O PP Melide insta ao Concello a ampliar de maneira urxente o espazo do cemiterio municipal

Denuncia ademais "o deficiente nivel de mantemento e coidado dos camposantos municipais"


Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide solicita que se atenda con urxencia a falta de nichos disponibles no cemiterio municipal, o cal está xerando gran preocupación e incerteza entre as familias melidás. "Ante dita problemática, entendemos que o Concello debe actuar rapidamente e proceder á ampliación de espazos libres do cemiterio municipal, toda vez que existen os terreos anexos ao cemiterio municipal de Furelos para dar resposta a esta cuestión".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Isto é unha cuestión transversal que afecta a todos e que se debe solucionar de inmediato. De feito, que teñamos chegado ata aquí só responde a unha falta de previsión total e absoluta por parte do Goberno local, sendo algo previsible e sabendo que non se esgota o espazo dun día para outro”, apúntase dende o grupo municipal do Partido Popular.

Ademais, aproveitan a moción para denunciar, "como xa fixemos noutras ocasións, o deficiente nivel de mantemento e coidado dos cemiterios municipais, cuxo estado é completamente vergoñento, tal e como se aprecia nas fotografías que se adxuntan. Entendemos que xa está ben de que a imaxe das instalación municipais sexa sempre

tan lamentable".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Nesta dirección, reiteran ao tripartito local "a necesidade de prestar atención ao antemento destas intalacións, toda vez que son os usuarios delas, os veciños, os principais damnificados por esta desidia diaria na xestión".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page