top of page

O PP esixe solucións no Congreso ante a falta de cobertura móbil e internet en Agolada e Rodeiro

Sinala que en Camba a cobertura de fibra apenas acada o 48,45% das vivendas, mentres que no municipio agoladés, a fibra óptica só chega actualmente ao 39,97%


Ecos da Comarca/Agolada/Rodeiro

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular por Pontevedra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Andrés Bayón, rexistraron unha pregunta no Congreso dos Deputados para esixir ao Goberno de España solucións inmediatas ante as graves deficiencias de cobertura móbil e internet que sofren os municipios de Agolada e Rodeiro.

Os populares instan ao Executivo central a intervir con urxencia tras comprobar que o plan estatal ÚNICO resultou "totalmente ineficaz nesta zona da comarca de Deza". Segundo denuncian os deputados, a falta de infraestruturas estables lastra a calidade de vida dos veciños e prexudica directamente o desenvolvemento socioeconómico local, freando a implantación de empresas nun territorio onde o sector primario é clave.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os datos oficiais reflicten o atraso dixital que sofren ambos os dous concellos, xa que en Rodeiro a cobertura de fibra apenas acada o 48,45% das vivenda, mentres que en Agolada, a fibra óptica só chega actualmente ao 39,97% dos fogares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A iniciativa parlamentaria do PP esixe que o Goberno central responda por escrito sen ten pensado actuar e que actuacións concretas vai realizar en Agolada e Rodeiro e se teñen previsto a implantación dun plan extraordinario para mellorar a cobertura móbil e de internet en ambos os dous termos municipais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os deputados por Pontevedra cualifican de "inadmisible que o Ministerio, como administración competente en telecomunicacións, manteña a estes veciños nunha situación de clara desvantaxe respecto a outros territorios do país, polo que

reclaman unha actuación institucional inmediata".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page