top of page

O PP denunciará "o uso da conta institucional do Concello de Melide para contestar á oposición"

Farao de novo ante a Valedora do pobo "quen xa ditaminou a necesidade de que o goberno Pérez-Prado regulara o uso dos medios locais", recalca


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide anuncia que reiterará a denuncia ante a Valedora do Pobo "pola utilización dos medios públicos, neste caso, a conta institucional do Concello de Melide para contestar á oposición sobre un asunto totalmente político".

Dende o PP consideran que "a alta comisionada autonómica xa ditaminou a necesidade de que o goberno Pérez-Prado regulara o uso dos medios locais: páxina web, RRSS ou radio municipal. Coa publicación dun comunicado dende o mail institucional publicado na páxina do tenente alcalde de Melide demóstrase unha vez máis que en vez de utilizar as contas de cada formación política para asuntos que teñen que ver coas diversas opinións que están representadas no pleno municipal utilízase “aparello ou entramado local” o cal é, sen dúbida moito máis potente e deixa en posición de inferioridade ademais de “en dubidosa ética” a posición dun goberno que continuamente utiliza este tipo de accións para contestar á oposición".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dalia García, portavoz dos populares, indica que “os actuais responsables municipais deberían ser moito máis respectuosos coa imaxe institucional do Concello de Melide que nos concerne a todos e a todas; existen canles partidistas moito máis abertos e libres onde seguir co debate; o PP simplemente o que pide é que se respecte a imaxe institucional do Concello e non se utilice con fins partidistas máis aló do fondo do asunto”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page