O PP denuncia "o regreso do caciquismo en Cruces: parroquias abandonadas e asfaltados baixo sospeita"
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces segue a denunciar "a absoluta falta de planificación coa que o Goberno municipal está a xestionar o mantemento da rede viaria do noso concello. As parroquias continúan sufrindo un evidente abandono, con estradas deterioradas, marxes invadidas pola vexetación e desbroces que chegan tarde ou, directamente, non chegan".

Sinala que levan meses denunciando esta situación e reclamando un plan serio de conservación da rede viaria municipal que garanta un tratamento igualitario para as vinte e oito parroquias de Vila de Cruces. "Os desbroces non poden depender das queixas veciñais nin da presión da oposición; deben responder a unha planificación anual que permita manter todas as estradas municipais en condicións de seguridade".
PUBLICIDADE
"Pero se o abandono das parroquias xa resulta preocupante", apunta, "moito máis grave é o
que está a ocorrer cos asfaltados". "Ao Partido Popular están a chegarnos numerosas denuncias veciñais que apuntan a que determinadas actuacións estanse a executar sobre accesos e camiños particulares que non son de titularidade pública, mentres outras vías municipais que levan anos nun estado lamentable continúan sen recibir ningún tipo de actuación".
Esta maneira de actuar, apunta o PP, "transmite a sensación de que os asfaltados non responden a criterios técnicos nin ás necesidades reais do municipio, senón a decisións
arbitrarias que lembran ás peores prácticas caciquís. Cando se achegan as eleccións municipais, aparecen asfaltados en determinados lugares mentres boa parte das parroquias seguen esquecidas".
PUBLICIDADE
E insiste en que "os cartos públicos non poden utilizarse para favorecer intereses particulares nin para premiar determinados lugares en función de criterios alleos ao interese xeral. Os recursos do Concello pertencen a todos os veciños e deben investirse con transparencia, con igualdade e baixo criterios exclusivamente técnicos".
PUBLICIDADE
Por este motivo, o Grupo Municipal Popular documentará todas as actuacións que
se executen no municipio. "Se se comproba que existen actuacións executadas sobre propiedades privadas ou calquera outra utilización irregular de fondos públicos, o Partido Popular poñerá inmediatamente estes feitos en coñecemento dos organismos competentes para que se investiguen e se depuren todas as responsabilidades que correspondan ante a posible malversación de fondos públicos. Os veciños de Vila de Cruces merecen un Concello que planifique, que manteña todas as parroquias en igualdade de condicións e que invista onde realmente existen necesidades, non onde poida obter un maior rendemento electoral".
PUBLICIDADE
O Partido Popular salienta que "seguirá fiscalizando cada actuación que se realice na rede viaria municipal porque fronte ao abandono das parroquias e ao posible regreso do caciquismo na distribución dos investimentos, defenderemos sempre a igualdade entre veciños, a transparencia e o respecto absoluto polos fondos públicos".










Parece que o pp de Cruces anda buscando a agulla de marear; nada, tu, que non deixan de querer resucitar mortos...