top of page

O PP de Vila de Cruces solicita a suspensión do pleno previsto para hoxe

29 jul 2025
2 min de lectura

"Estamos fartos das constantes maniobras dende o Concello para non nos dar tempo a examinar a documentación que se leva a os plenos", lamentan os populares


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces solicita a suspensión do pleno que estaba previsto para hoxe "debido a que estamos fartos das constantes maniobras dende o Concello para non nos dar tempo a examinar a documentación que se leva a os plenos".

Os populares cruceños explican esta situación:

1. Que, con data 23 de xullo de 2025, foi convocada a celebración dun Pleno Ordinario para o día 29 de xullo de 2025 ás 10:00 horas, en primeira convocatoria. "Dita convocatoria notificóusenos unicamente mediante decreto, por vía electrónica, sen acceso aos expedientes dos asuntos incluídos na orde do día ata o día de hoxe (por onte)".

2. Que, comparecendo ás 8:30 horas do día 28 de xullo de 2025 nas dependencias municipais e ante a presenza do secretario en funcións, "manifestamos que non tivemos acceso efectivo á documentación dos asuntos incluídos na orde do día, os cales, ademais, foron modificados dende a convocatoria inicial. A documentación parcial foi posta á nosa disposición ás 8:37 horas, e posteriormente, ás 10:28 horas, se nos deu acceso ao expediente 519/2025 (dación de conta)".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

3. "Que non se puxo á disposición deste grupo municipal a documentación completa dos expedientes incluídos na orde do día en tempo e forma, o que supón unha clara vulneración do dereito á información dos concelleiros, recoñecido no artigo 16 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais e avalado pola xurisprudencia constitucional".


4. "Que non foron convocadas nin celebradas as Comisións Informativas preceptivas, en contra do disposto nos artigos 123 e seguintes do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. 5. Que estas omisións constitúen unha grave vulneración do procedemento legalmente establecido, que impide o exercicio efectivo das funcións de control e participación política que corresponden aos membros da Corporación, e especialmente aos da oposición. 6. Que a celebración do Pleno nas actuais condicións podería dar lugar á nulidade de pleno dereito dos acordos que se adopten, de conformidade co disposto no artigo 47.1.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por todo o exposto o PP solicita que se suspenda a celebración do Pleno Ordinario convocado para hoxe, día 29 de xullo de 2025, "ata que se cumpran os trámites preceptivos de convocatoria e celebración das Comisións Informativas e posta a disposición da documentación dos expedientes aos membros da Corporación".


Ademais, indica que, "de non atenderse esta solicitude, se advirta formalmente que a celebración do Pleno nas actuais condicións suporía unha grave vulneración do ordenamento xurídico, e podería dar lugar á interposición das accións legais oportunas, incluíndo a impugnación dos acordos ante a xurisdición contencioso-administrativa. E que se incorpore este escrito ao expediente do Pleno e se anexe a cada un dos expedientes dos asuntos incluídos na orde do día".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page