O PP de Vila de Cruces reúnse coa Sociedade Deportiva de Fútbol e faille varias propostas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces sinala que leva "semanas de intenso traballo reuníndonos cos distintos colectivos de Vila de Cruces co obxectivo de coñecer máis de preto a súa realidade, escoitando as súas necesidades e propostas para contribuír á súa mellora e ó seu crecemento".

E entre estes encontros figura un coa Sociedade Deportiva de Fútbol. Apunta que estas son as propostas que acordaronna na xuntanza con esta entidade:
Adquisición dunha parcela anexa ó campo de fútbol (máis de 34.000 m 2) destinada á ampliación deste para a construción dun campo de fútbol 8 e outras infraestruturas futuras de carácter deportivo de alto rendemento. Esta parcela será adquirida nos seis primeiros meses de goberno e realizarase un plan de adaptación e recalificación urbanística para usos deportivos en toda esa parcela.
Mellora das infraestruturas actuais mediante a construción de vestiarios e duchas tanto para mulleres como para homes, oficinas administrativas, sala destinada a almacén e salón para bar-cafetería.
Resolver os problemas coa auga quente mediante a compra dun acumulador que cubra as necesidades.
Habilitar unha sala de recuperación con máquinas adecuadas para levar a cabo exercicios de rehabilitación.
Firmarase un convenio de mantemento do céspede do campo con empresas especializadas.
Ampliación dos presupostos para o desenvolvemento adecuado das actividades deportivas, fixando unha axuda económica de 35.000 euros anuais para tódalas actividades deportivas relacionadas co club.
"Desde o Partido Popular continuaremos con estas roldas, a diario, ata coñecer de
preto as inquedanzas de tódolos veciños e veciñas. Gustaríanos que sexades
partícipes neste novo recorrido, polo que vos invitamos a todos aqueles con boas
ideas para Vila de Cruces que nolas comuniquedes, de maneira respectuosa, a través
do noso correo ppdeviladecruces@gmail.com ou mediante as redes sociais pp_viladecruces en Instagram ou Partido Popular de Vila de Cruces no Facebook".








Comentarios