top of page

O PP de Vila de Cruces lamenta "o abandono" da Área Recreativa da Carixa

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces lembra que en pleno verán a Área Recreativa da Carixa recibe unha gran afluencia de público, tanto veciños do concello de Vila de Cruces como visitantes de outros municipios, como así o acredita que exista unha liña regular de bus dende Lalín. "Esta afluencia, vese incrementada especialmente nestes días nos que se está desenvolvendo o festival de música. Por este motivo, dende o Grupo Popular de Vila de Cruces non entendemos como o goberno municipal pode ter na situación de abandono actual a esta area recreativa".

Sinala que hai "Proteccións de madeira rotas e tiradas, un deficiente servizo de recollida do lixo das papeleiras e unha piscina que máis parece unha charca para refrescarse xabaríns polo fango que ten no seu fondo. Esta situación, perigosa para a seguridade dos bañistas, nenos e nenas sobretodo, dado que a suciedade impide ver o fondo xa que a auga é de cor negra e pode chegar a ser unha causa de afogamento dado que a turbidez da auga pode impedir ver a alguén que estea no fondo". E engade que "esta situación vén provocada pola falta de limpeza diaria da piscina correndo o risco, a maiores da seguridade dos bañistas, que Sanidade proceda a pechar a zona de baño por falta de limpeza dos vasos da piscina".


Ademais, incide en que "recordámoslle ao equipo de goberno, que esta piscina, en época de baño, se vaciaba e se lavaba todos os días para así ter unha instalación cunha calidade de auga óptima e segura".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page