top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Vila de Cruces denuncia "o mal estado de conservación das Ínsuas de Gres"

Ademais, esixe que as s 28 parroquias teñan "un trato igualitario no mantemento e conservación das vías de acceso e espazos públicos"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces denuncia "o mal estado de conservación das Ínsuas de Gres". Ademais, a bancada popular esixe, unha vez máis, que as 28 parroquias teñan "un trato igualitario no mantemento e conservación das vías de acceso e espazos públicos".

"Desde o mes de xuño xa esiximos ao Sr. Taboada e os seus concelleiros que presentasen publicamente e, de maneira urxente, a planificación detallada do mantemento das estradas, pistas de acceso e espazos públicos das 28 parroquias de Vila de Cruces. Dous meses máis tarde seguimos sen resposta relativa a este asunto, incrementando as queixas que nos transmiten os veciños. En maio xa denunciamos publicamente que durante a campaña electoral realizáronse traballos con nulo control na súa execución e con improvisación co obxectivo de captar votos, incluso gastando diñeiro público en reparar e acondicionar pistas privadas. Volvemos a recibir queixas veciñais, o Sr. Alcalde e os seus cinco concelleiros fai caso omiso da situación, pola falta de mantemento e conservación nas Illas de Gres onde calquera que as visite pode comprobar en por si a inseguridade de varandas de acceso, maleza amontoada desde principios de xullo sen recoller, sen recoller o lixo das papeleiras, plásticos e botellas tiradas polo chan", sinalan os populares.


Publicidade

"Estas deficiencias de seguridade e conservación", insisten, "non se poden permitir en ningún espazo público e menos nun dos espazos públicos naturais que consideramos unha dos nosos acenos de identidade en Vila de Cruces. Aproveitamos para lembrarlle ao Goberno local que durante a campaña electoral gastáronse máis de 18.000 euros na apertura de pistas en Santomé de Obra uns días antes das eleccións municipais de maio de 2023. Os veciños de Santomé de Obra continúan preguntándose en que se gastaron ese diñeiro e en que lugares da parroquia executáronse".


Publicidade

"Volvemos insistir que o Sr. Alcalde xa non ten présa polo mantemento das pistas e espazos públicos que mostrou durante a campaña electoral das municipais, proba diso é que se gastou 18.000 euros nunha soa parroquia e esqueceuse de moitas outras. É importante lembrar que temos 28 parroquias que deben ter un trato igualitario no mantemento e conservación das vías de acceso e espazos públicos, preservando o seu acceso, seguridade, gozar da veciñanza e visitantes e especialmente no verán cun alto risco de incendios e que non cabe lugar á improvisación".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page