top of page

O PP de Vila de Cruces demanda un mantemento "urxente" das pistas na parroquia de Bascuas

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Unha das pistas en mal estado, que denuncia o PP.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces traslada as queixas, que segundo este partido, lles comunicaron os veciños da parroquia de Bascuas. "A maior parte das pistas desta parroquia atópanse desfeitas debido á falta de mantemento por parte do actual goberno local", recalca.

Desde o Partido Popular, sinalan, que "traballaremos incansablemente e faremos todo o posible para mellorar o mal estado no que se atopan. Pedímoslle ó goberno que dote dunha partida de 135.000 euros para a mellora de toda a rede viaria de Bascuas. Mentres tanto, instamos a que se proceda a realizar o mantemento das pistas de maneira urxente, co fin de evitar estragos nos vehículos dos veciños".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page