top of page

O PP de Vila de Cruces critica "a falta de contidos" do Pleno ordinario

Presenta unha moción de apoio ao comercio e á hostalaría en todo o municipio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Hoxe, luns 29 de setembro, celébrase un Pleno ordinario en Vila de Cruces cunha orde do día reducida, na que o único asunto presentado polo goberno é a aprobación extraxudicial dunha factura da Festa do Chourizo, recalcan os populares. "Dende o Partido Popular de Vila de Cruces consideramos unha oportunidade perdida convocar un Pleno ordinario con tan pouca relevancia para a veciñanza, e denunciamos, unha vez mais, a falla de iniciativa política e de proxectos de futuro do actual executivo".

ree

"Fronte a esta inacción", o Grupo Municipal Popular presenta para o mesmo Pleno unha moción dirixida a apoiar de forma real o comercio e a hostalaría de todo o municipio, tanto no núcleo urbano como nas parroquias.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A súa proposta recolle medidas concretas como:

  • Creación dunha Mesa do Comercio e da Hostalaría, como órgano de participación permanente.

  •  Elaboración dunha Estratexia integral con programas de bonos de consumo, campañas anuais de promoción e apoio ás feiras tradicionais dos días 4 e do 17.

  •  Promoción conxunta dos produtos locais, ampliando a visibilidade máis aló do galo de curral.

  •  Creación de distintivos de comercio local e estudo de itinerarios comerciais sinalizados.

  •  Dotación orzamentaria específica para poñer en marcha estas accións.

  •  Avaliación anual pública, coa participación do sector, para medir resultados.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"No Partido Popular de Vila de Cruces temos claro que non podemos permitir plenos baleiros mentres os nosos bares, restaurantes e tendas seguen sufrindo para a sustentabilidade. Por iso levamos propostas serias, para apoiar de verdade ao comercio e á hostalaría", salienta.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page