O PP de Santiso urxe ao goberno local do BNG a retirada de refugallos o longo do leito do río
- ecosdacomarca
- 19 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Tamén esixe que realice "unha mellor xestión medioambiental"
Ecos da Comarca/Santiso
"Ante a alerta de varios veciños do avistamento de refugallos tirados o longo do leito do río, rexistramos no Concello un escrito coa solicitude da pronta e urxente recollida dos mesmos", indica o PP de Santiso. "De non levarse a cabo, tomaremos as medidas oportunas, dando traslado os estamentos competentes na materia", advirte.

"Despois de pasar máis dun ano sen recoller os plásticos agrícolas, do cal tamén nos fixemos eco no seu día, agora topamonos de novo, co abandono a sua sorte de diversos refugallos. Recordámoslle o equipo nacionalista, que estes residuos (rodas, plásticos,…) no río e o seu carón supoñen un grave perxuizo e perigo para a fauna e flora local ademais de que son focos contaminantes".
Recollida urxente
Dende o PP de Santiso recriminan que "isto non é algo puntual senón que se repite con
demasiada frecuencia. É competencia municipal a recollida e tratamento de lixo así comovelar polo mantemento, evitando puntos de vertido incontrolados. Isto como pode comprobarse, xa non é todo reciente, pois en algúns puntos xa a maleza tapa parte dos refugallos".
Ante isto, recalca que "urximos e instamos ao Concello a que coa máxima celeridade se proceda a súa retirada así como a instauración de sistemas de recollida selectiva favorecendo a reciclaxe para tódolos veciños que teñen dereito pois pagan os seus impostos para iso. Tamén lles recordamos que dende a Xunta de Galicia existen axudas para facilitar dita recollida de maneira selectiva. Para ser defensores do Medio Ambiente é preciso demostralo, mantendo o Concello limpo", conclúen os populares.
Comentarios