O PP de Santiso reclama o cumplimento da normativa nos procedementos por parte do equipo de goberno
- ecosdacomarca
- 29 jun 2022
- 2 Min. de lectura
"Nun dos últimos plenos o alcalde non utilizou o seu voto de calidade para xustificar a urxencia da sesión a pesar de ser necesario segundo a lexislación vixente o que obrigou a repetir a votación nun novo pleno por omisión do procedemento"
Ecos da Comarca/Santiso
O PP de Santiso vén de amosar a súa sorpresa ao incluír un punto na orde do día do pleno a ratificación dunha votación sobre o Convenio de Atención Temperá que foi aprobado o pasado marzo pola corporación local. “O alcalde non contaba naquel pleno coa maioría para levar adiante a votación da urxencia do asunto e non utilizou o voto de calidade; o expediente aprobouse pero detectamos que agora, noutro pleno volvese sobre o expediente ao non ser válida a votación feita en marzo o que demostra un descontrol na xestión dos expedientes municipais”, sinalan os populares.

Así mesmo, lembran que en Santiso, o BNG goberna e ten maioría, e polo tanto, é a Presidencia quen convoca os plenos;"se non ten a maioría terá que chamar á oposición e intentar chegar a acordos, cuestión que non se fai e trae estas consecuencias".

O abuso dos plenos extraordinarios e urxentes, ou o traslado de plenos ordinarios a antoxo para aprobar asuntos de interese municipal é un “mal hábito” a xuízo dos populares de Santiso que se leva utilizando reiterativamente por parte do goberno nacionalista de Adán neste mandato. A posición do PP é clara e contundente: "sempre vai votar a favor de novos e mellores servizos para Santiso como é o caso da atención temperá, pero a forma non é axeitada. Non se respectan os procedementos nin os tempos para un estudo axeitado por parte da oposición en asuntos de transcendencia municipal.
A consecuencia deste desgoberno é que para salvar os erros na xestión seis meses despois de que a Xunta de Galicia publicase a orde aínda vimos de ractificar o expediente".
Dende o PP "instan a que se respecten os procedementos e sobre todo, tamén se teña en conta ao partido da oposición que de terse chamado e consensuado non tería ningún problema en facilitar os expedientes".
Comentários