top of page

O PP de Santiso agradece á Xunta a inversión destinada a un palco de música e ao Consistorio

Ecos da Comarca/Santiso

A Xunta de Galicia destina 36.321 euros ao Concello de Santiso para proceder a dúas accións correctoras de feísmos, algo que agradece o PP do municipio.


Tal e como informan os populares,

por un lado levarase a cabo a reforma dun palco da música de formigón para o que o ente autonómico designa 16.321 euros. Esta inversión ten como obxectivo que o Concello proceda a substituír a estrutura de soporte da actual cuberta por unha nova de madeira con tella cerámica e o revestimento da base do palco cun chapado de granito. Ademais de incorporar unha varanda de 1 metro de altura de ferro forxado con barrotes verticais.


Por outro lado, figura outra actuación de mellora na Casa do Concello para proceder á limpeza da fachada con auga a presión con humectantes e funxicidas e demolición do chapado na parta baixa de parte do parámento exterior. Así mesmo tamén para proceder ao pintado con pintura plástica. Na fachada noroeste poñerase un revestimento tipo SATE e acabado recebado exterior con chapado de pedra granítica abuxardada. Para esta actuación destina a Xunta de Galicia un importe de 20.000 euros.

Para o PP de Santiso é unha satisfacción que a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, "sempre pense e estea disposta a colaborar con inversións. Seguiremos colaborando por Santiso e os veciños, para mellorar a vida no noso pobo", recalcan os populares deste concello.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page