top of page

"O PP de Rodeiro falta aos compromisos adquiridos con Unidade por Rodeiro", acusa esta formación

Ademais cuestiona os orzamentos e subliñan que "sempre defendemos a presentación de dests mais si era para facelos así era mellor que lle contrataran ese servizo a Unidade por Rodeiro"


Ecos da Comarca/Rodeiro

"O Partido Popular de Rodeiro falta aos compromisos adquiridos con Unidade por Rodeiro", acusa esta formación. Sinala que en Decembro do ano pasado, o goberno "púxose en contacto con nós para aprazar o pleno ordinario que se tería que celebrar o 2 de xaneiro. Entendemos a situación e aceptamos o aprazamento".

Alberte Lamazares.

Pero apunta que "a nosa sorpresa chega esta semana cando o PP de Rodeiro convoca para esta semana próxima un pleno extraordinario no que a oposición non pode introducir mocións nin fiscalizar ao goberno no apartado de rogos e preguntas. Esta triquiñuela caeu moi mal nas filas de Unidade, demos un cheque en branco e apoiamos ao goberno en aprazar un pleno e rompen a palabra dada", lamenta.

Apesares desta circunstancia, o voceiro, Alberte Lamazares, púxose en contacto no día de onte (polo venres) "para informalo do malestar xerado por esta decisión e que perdemos a confianza do goberno a hora de chegar a acordos". A maiores subliña que "tamén queremos remarcar que os primeiros vistazos que lle botamos a proposta de orzamentos non nos gusta".


"Lamentamos que, despois de cinco anos sen elaborar a dita proposta ao pleno da Corporación Municipal veña con tantas deficiencias. Aparenta que non saben nin sumar, xa que hai cuadros económicos que a suma das partidas non coincide co total. Lamentamos o incremento ficticio do orzamento mentendo partidas do ano 2022 coma o Plan Concellos 22 e o ReacPon xa adxudicado tamén no ano pasado. Destacar tamén o importante incremento en ingresos de impostos directos".

Por último, sinala que a espera de seguir o estudo económico pormenorizado, lamenta a falta de axudas directas a asociacións culturais, deportivos e a ANPA . "Adxudícanse axudas directas a entidades que non hai garantía de que realicen actividades e pola contra, as que están traballando non se lles adxudican fondos. De feito, o que se fixo e un copia e pega do ano 17", considera.

En definitiva, dende Unidade recalcan que "sempre defendemos a presentación de orzamentos mais si era para facelos así era mellor que lle contrataran ese servizo a Unidade por Rodeiro".



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page