top of page

O PP de Rodeiro denuncia "novas perdas de fondos para o Punto de Atención á Infancia"

Tamén concretan que o goberno local se adheríu ao convenio das rozas da Xunta e Seaga a comezos de xullo, polo que este ano quedarán fóra, posto que a data límite era en marzo


Ecos da Comarca/Rodeiro

O grupo municipal do PP de Rodeiro denuncia "novas perdas de fondos por parte do Concello -tras a de 180.000 euros por non solicitar máis financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF)- para o Punto de Atención á Infancia (PAI) e para as rozas orientadas á prevención de lumes pola falta da correspondente petición ou por facelo fóra de prazo polo goberno bipartito".

Os populares indican que a situación no seo do executivo de José Luis Camiñas atópase “totalmente descontrolada mentres pasan as oportunidades, en forma de prazos para as moitas axudas que habilita a Xunta, dun xeito moi prexudicial para os veciños, posto que se están a perder moitas subvencións, no pleno pasado demos conta da perda de tres delas, e seguen sen que ninguén xestione as cousas máis básicas cun pouco de sentido común”, en palabras da voceira municipal, Cati Somoza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así, o PP de Rodeiro asegura que o bipartito "non presentou ante a Xunta a correspondente solicitude de fondos á Xunta ao abeiro das achegas europeas do MRR para o punto infantil, o que permitiría aumentar as 20 prazas existentes, pero ademais o Goberno de España impide o financiamento das actuais, polo que, a causa da neglixencia do goberno local, hai un evidente risco de que se teñan que recurtar as prazas do PAI a só 16".


Pero ademais, os populares concretan que o executivo de Camiñas se adheríu ao convenio de rozas fronte aos lumes ofrecido pola Xunta e Seaga a comezos do pasado mes de xullo, “só despois de que desde o PP llo esixiramos ata catro veces durante toda a primavera e pola mala conciencia que tiñan ante a nosa moción presentada o pasado 30 de xuño e que foi debatida no pleno do día 6 deste mes”.


“Foi unha medida para lavar a cara e só para tratar de desvirtuar a nosa proposta”, aseverou a concelleira popular, que lamentou que esta adhesión xa non teña ningunha utilidade de cara a este verán, porque a Xunta non vai acometer esta limpeza dado que fixou como data límite para a súa solicitude o pasado 21 de marzo “e Rodeiro chegou máis de tres meses tarde”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Así, Cati Somoza indica que "as perdas de fondos, principalmente da Xunta, están a ser unha constante insoportable que, só nas últimas semanas, afectaron ao SAF, o Punto de Atención á Infancia e á política de prevención de lumes", pero augura que esta dinámica “aínda pode empeorar polo mal funcionamento e o sistema de traballo do bipartito con departamentos estanco, sen liderado e sen control das distintas liñas. Auguramos que se van seguir perdendo oportunidades, o que resinte gravemente os investimentos e nos aboca a recurtes nos servizos”, finaliza a edil do PP.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page