top of page

O PP de Pontevedra apoia aos 68.000 autónomos da provincia que verán incrementadas as cuotas en 2026

Os deputados populares defenderán este venres no Pleno da corporación provincial a moción presentada na que instan ao Goberno de España a que modifique esta proposta


Ecos da Comarca/Xeral

O Grupo provincial do PP de Pontevedra amosa o seu apoio aos máis de 68.000 traballadores por conta propia da provincia e solicita ao Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones que paralice toda proposta de suba das cotizacións sociais dos traballadores autónomos para o ano 2026 e abra unha mesa de diálogo cos representantes deste sector económico, e que non faga que cada día sexa máis difícil traballar en condicións precarias.

ree

Os deputados populares defenderán este venres no Pleno da corporación provincial a moción presentada na que instan ao Goberno de España a que modifique a proposta das cotizacións sociais dos traballadores autónomos para o vindeiro ano e poñan en marcha as medidas recollidas no Plan Integral de Autónomos proposto polo Partido Popular, para que poidan ter unha unha fiscalidade xusta e un maior nivel de protección e prestacións por parte do Goberno de España.


O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones do Goberno de España vén de facer unha proposta para incrementar de xeito brutal as cotizacións sociais dos traballadores autónomos de cara ao ano 2026 consistente en subas de entre o 4% e o 35% que suporían entre 17 e 206 euros mensuais máis para estes pequenos empresarios. Dita medida xerou o absoluto rexeitamento por parte dos 3,5 millóns de traballadores por conta propia que hai en España, que expresaron o seu malestar por esta nova suba de carácter fiscal a través das súas asociacións e representantes. Así, a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) calificouna de desproporcionada e de medida de asfixia para o sector, semellando buscar a súa desaparición e rematar co emprendemento en España.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Pero o Goberno de España non atendeu ás demandas dos autónomos e seguiu co seu plan para recadar 6.000 millóns de euros anuais máis ata que tivo que desistir nestes días tras comprobar que non tiña os apoios parlamentarios para sacar adiante esta medida no Congreso dos Deputados nunha mostra máis da súa soidade e illamento. Pero esta rectificación do Goberno non nace da convicción, senón da presión dos autónomos e da oposición", sinalan os populares.


En todo caso, e lonxe de renderse, apuntan, "os representantes estatais do PSOE, e nomeadamente a ministra Elma Sáiz, vén de facer unha nova proposta consistente na conxelación das cotizacións sociais para os autónomos con ingresos inferiores aos 1.166€ mensuais e subas de entre o 1% e o 2,5% para os que se sitúen nos demais tramos de rendas".


Esta rectificación do Goberno, considera o PP, "non nace da convicción, senón da presión dos autónomos e da oposición. 3 de cada 4 autónomos afirman que os seus gastos aumentaron o pasado ano, o 38,3% veu reducida a facturación e o 45,3% declarase afectado pola morosidade, e aínda así o Goberno pretende subirlle as cuotas". Desde o Partido Popular concordan plenamente con esta postura "e cremos que o Goberno de España debería apostar por incrementar a protección social dos autónomos e crear as condicións que favorezan o seu traballo e pervivencia no canto de recurrir a eles para aumentar a recadación e os ingresos do Estado co propósito de tapar o recurrente despilfarro que fai desde a principal administración do Estado".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Novamente, desde o PP Provincial queren expresar o seu rexeitamento a esta medida que, "aínda que suavizada, só busca seguir exprimindo economicamente aos traballadores por conta propia no marco do “inferno fiscal” no que os socialistas están sumindo a España e principalmente aos traballadores e os pequenos empresarios. E ao igual que a maioría dos españois, cremos que chegou o momento de aplicar baixadas de impostos despois das máis de cen subas fiscais aprobadas polo Goberno de Pedro Sánchez. Por elo, tamén agardamos a aceptación e posta en marcha do Plan Integral para os Autónomos proposto polo presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que contén numerosas medidas beneficiosas para a fiscalidade e as cotizacións deste fundamental sector económico e entre as que destacan a exención do Imposto do Valor Engadido (IVE) para aqueles que ingresen menos de 85.000 euros anuais ou a ausencia total de tributos no primeiro ano de actividade".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page