top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide solicita un arranxo inmediato das obras que se levan executando hai apenas dous meses e "teñen un estado desastroso"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide solicita un arranxo inmediato das obras que se levan executando hai apenas dous meses e "teñen un estado desastroso". "A rúa de San Pedro, na que os melidenses investiron 206.431,81 euros dos seus impostos correspondente ao POS

adicional do ano 2019 presenta lousas levantadas e rupturas considerables das mesmas, a pesar de que se diminuíu notablemente o tráfico rodado na rúa".


Publicidade

Os populares sinalan que "hai menos dun ano que a rúa está rematada, o que indica que as queixas que no seu día o PP manifestou pola falta de reposición do saneamento e a rede de separativas así como unha execución deficiente, era unha demanda razoable á

vista das consecuencias".


Publicidade

Outra das queixas, apuntan, "que vimos de recibir dos veciños é o estado da rúa Camiño

Real e o Campo Grande, con multitude de lousas quebradas, un aparcadoiro desordenado e un aspecto de rúa recen restaurada abandonada e en mal estado. Foron 302.944,56 euros, os que se investiron nesta zona de Melide e ao xulgar polo aspecto exterior, non se levaron a cabo as medidas de control de calidade necesarias na rúa en cuestión".


Publicidade

En total, resalta o PP "o tripartito melidense encabezado polo alcalde J.M. Pérez, obvia a súa responsabilidade na vixilancia e control da correcta execución das obras municipais, ao non esixir que se repoñan as deficiencias que, segundo comenta a veciñanza, non son nin moito menos, tan so exteriores nin visuais, xa que no que respecta ao saneamento, en rúas onde nunca houbo problemas, si se detectan agora. A circunvalación do campo da feira é o último exemplo deste descontrol na execución dos fondos municipais".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page