O PP de Melide solicita formalmente acceso aos expedientes de contratación
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
Denuncia "a falta de transparencia do tripartito"
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide, na semana pasada, ven de rexistrar de xeito formal unha solicitude ante o Concello de Melide para que se conceda a este grupo acceso aos expedientes de contratación municipais.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

"Días despois, dende o goberno local infórmase de que se permitirá o acceso a ditos expedientes o día 24 de febreiro, máis dun mes despois da data en que fora rexistrada a solicitude (21 de xaneiro), e só nun horario reducido durante a mañá, o cal manifesta a pouca vontade por parte dos responsables municipais de que sexa revisada a documentación de contratación", sinalan os populares.
Publicidade
Dende o Grupo Popular preguntanse "a que responde esta intención de agochar ou
limitar o acceso a unha documentación oficial ante a grupo maioritario do Concello,
que ten o dereito -e a obriga- de fiscalizar esta cuestión". “Non comprendemos esta pasividade ante calquera solicitude realizada por parte do noso grupo, pois xa sucedeu anteriormente sobre outras cuestións semellantes. O Goberno ten a obriga de permitirnos o acceso á documentación, mais a transparencia do Concello é francamente cuestionable. En lugar de facilitar este acceso, sempre se poñan trabas, retrasos e dificultades”, apúntase desde o Grupo Popular".
Publicidade
O Partido Popular de Melide recalca que seguirá realizando a súa labor de oposición dun "xeito decidido e responsable, fiscalizando esta e outras cuestións que afectan á xestión do tripartito local. O noso compromiso con todos os veciños aos que representamos está
moi por riba de todas as trabas e obstáculos que se pretendan impoñer sobre o exercicio das nosas funcións".








Comentarios