top of page

O PP de Melide solicita e reitera a necesidade de convocar a Xunta Local de Seguridade

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Demanda que se analicen os últimos acontecementos relativos á inseguridade cidadá que trascenderon na vila como "presuntos intentos de rapto así como intentos frustrados de

roubos mediante tiróns"


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide solicita unha vez máis de maneira formal a celebración dunha Xunta Local de Seguridade no que se intensifique a vixilancia das forzas e corpos de seguridade do Estado mediante a súa petición á delegación do goberno. Dalia García, portavoz dos populares melidenses, sinala que “é cando o PP o denuncia cando o goberno bipartito local reclama que se tomen as medidas oportunas. Non podemos seguir sufrindo un desgoberno destas características onde son moitos os veciños e veciñas de Melide que nos piden explicacións a nós ante a calada do goberno bipartito local”, asegura.

O PP de Melide vén de rexistrar e reiterar a necesidade de convocar á Xunta Local de Seguridade para que se analicen os últimos acontecementos relativos á inseguridade cidadá que trascenderon en Melide: "presuntos intentos de rapto así como intentos frustrados de roubos mediante tiróns".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O PP agradece o traballo que mediante o acordo que leva vixente dende hai anos en Galicia co Estado relativo á seguridade no Camiño, pero reitera que este operativo é independente da seguridade cidadá que debe preservarse ao longo do tempo de maneira estable nesta vila e comarca. García apunta que “chegan novas de tiróns en pleno centro a pesares de que xa se detivo a un presunto sospeitoso. Veciños e veciñas informan de que hai puntos sensibles de inseguridade en pleno casco urbano motivo polo cal é necesario actuar para cortar de raíz estas prácticas e darlle seguridade á comercios, hostaleiros e simples camiñantes”. Os populares pedirán explicacións e feitos no vindeiro pleno ordinario.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page