top of page

O PP de Melide require a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade ante a vaga de roubos

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide reclama que o goberno local convoque de maneira urxente e inaprazable a Xunta Local de Seguridade logo do elevado número de roubos acaecidos nos pasados días en varias vivendas de Melide. "Tal e como vimos advertindo unha e outra vez nos últimos meses, a inseguridade que se manifesta no Concello ante a falta de efectivos de Policía Local e Garda Civil é un enorme problema que afecta a todos os veciños e veciñas e que da lugar a este tipo de situacións".

ree

O Grupo Popular insta novamente ao Concello de Melide a que cubra sen máis demora as 7 prazas vacantes de Policía Local e faga o propio na reclamación ao Ministerio do Interior para cubrir as tres prazas vacantes de Garda Civil, que na actualidade só conta cunha patrulla para 8 concellos.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Os roubos, a inseguridade e o vandalismo estannos levando a unha situación límite; non nos podemos permitir ter 7 prazas de Policía Local sen cubrir e un servizo de Garda Civil completamente insuficiente. O Concello de Melide ten que priorizar isto e garantir a seguridade en Melide. Se non o fai, a nosa obriga é seguir denunciandoo”, apúntase dende o grupo municipal do Partido Popular.


E alerta que "que se produzan roubos en 6 vivendas na mesma semana non é casualidade. Xa son moitas as vagas de roubos que tiveron lugar en Melide nos últimos tempos e son moitos os veciños que nos fan chegar a súa preocupación e indefensión, con chamadas a Policía e Garda Civil que quedan en nada".


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por todo iso, o PP demanda "un plan especial de loita contra a inseguridade que protexa e dé resposta aos veciños de Melide nun problema que nos afecta a todos".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page