O PP de Melide reivindica que dende 2015 a Xunta investiu 1.507.533 € nos centros educativos
- ecosdacomarca

- 16 feb 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide reivindica o traballo feito na anterior lexislatura en materia de educación "onde ben se asinaron convenios que se materializaron en grandes investimentos, como o caso do CEIP Nº 1 e a reforma integral que se produciu neste centro, así como varias intervencións de interese nos tres centros restantes: substitución de cubertas, actuacións de mantemento, mellora de infraestruturas…etc, actuacións que ascenden a un total de máis de medio millón de euros", aseguran os populares.

Dende o Grupo Popular lembran que puxeron o pasado xaneiro en marcha unha rolda de contactos coa comunidade educativa melidense co fin de escoitar a todos os colectivos implicados na mesma "para realizar un labor de escoita constante que se poda materializar nun programa realista para construír un programa adaptado ás necesidades que ten Melide". “Se os melidenses nos dan a súa confianza o vindeiro 28 de maio comprometémonos a realizar as xestións pertinentes para seguir na senda que xa temos demostrado de investimento e mellora de infraestruturas educativas acorde coas necesidades dos centros e dos equipos directivos”, sinala Dalia García, a portavoz dos populares melidenses.
Críticas a actuación do Concello de Melide
Por outra banda, a formación popular denuncia que "os responsables municipais seguen utilizando as redes sociais públicas de todos os melidenses para facer política de partido". En concreto, en palabras do grupo popular, “oposición á oposición” toda vez que “so cando son conscientes de que o PP está reunindo a un colectivo deciden chamar eles, a menos de catro meses das eleccións municipais reivindican melloras o que é canto menos chamativo” a xuízo do grupo municipal popular; "Así pasou co Mercamelide e así pasa tamén no eido educativo, exemplifican.
Dende o PP lamentan que Melide "sufra un goberno estancado, sen expectativas, sen proxecto para Melide que se mostra desubicado buscando titulares que nada teñen que ver coa realidade: máis de 1,5 millóns de euros investidos en Educación por parte da Xunta de Galicia grazas á xestión do PP local".
NOTICIA RELACIONADA:
O goberno local reclama á Xunta investimentos para os centros educativos: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-melide-solic%C3%ADtalle-%C3%A1-xunta-investimentos-urxentes-nos-centros-educativos







Comentarios