top of page

O PP de Melide reclama con urxencia ao Concello que se cubran as prazas de Policía Local vacantes

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide fai pública a crecente preocupación da formación e de boa parte da veciñanza polo grave déficit de efectivos de Policía Local que actualmente prestan servizo no Concello de Melide. "Hai xa moitos meses que advertimos desta problemática logo de múltiples situacións de inseguridade, roubos e vandalismo acaecidos no núcleo urbano de Melide, así como dos centos de chamadas dos veciños á Policía Local que quedan sen resposta".

ree

Dende o PP de Melide entenden que un servizo coma este debe ser cuberto con garantías e con efectivos suficientes para facer fronte ás necesidades dunha vila coma Melide. “É lamentable que na actualidade só haxa servizo completo de 2 efectivos da Policía Local nun Concello de preto de 8.000 habitantes, mentres que son 7 as prazas vacantes que o Concello ten sen cubrir”


"Nos últimos meses coñecíamos que o grupo de goberno viuse obrigado a reubicar a membros da policía local no posto de conserxe dos centros educativos da vila, motivado isto pola incapacidade do tripartito de cubrir tamén ditas plazas en tempo e forma. Así mesmo, dende esta formación reclamase ao Concello de Melide que actúe con urxencia, cubra as prazas de Policía Local vacantes e garanta un servizos de seguridade estables na vila: Se o Concello de Melide está afogado economicamente, a piques de ser intervido por unha neglixente xestión financeira, os seus responsables teranlle que explicar á veciñanza se esta é a razón pola cal non hai apenas Policía Local en Melide”, sinala o grupo popular.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, apuntan que "resulta incomprensible que o goberno local empregue fondos do aforro municipal para gastos correntes ou mesmo se aproben diferentes modificacións orzamentarias para destinar cartos a “promoción, festexos e outros gastos”, mentres

que non son quen de manter un servizo digno de Policía Local".


O Grupo Popular de Melide sinala que segue escoitando á cidadanía, "estudando as desfeitas do goberno local e esixindo actuacións que son moi necesarias para a veciñanza local".

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page