top of page

O PP de Melide reclama a apertura inminente das piscinas exteriores da área recreativa de Furelos

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide esixe ao goberno local a apertura a inminente das piscinas da área recreativa de Furelos ante a vaga de calor das últimas semanas e a piques de comezar o período vacacional de centos de nenos e nenas deste concello.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Cómpre lembrar que, ante a imposibilidade de empregar a zona de baño do río pola calidade insuficiente das súas augas, aos veciños e visitantes de Melide só lles queda

agardar a que o Concello teña a ben poñerse a traballar e abrir as piscinas de Furelos

para ter un espazo de lecer no que sofocar as altas temperaturas", recalca,


Nas últimas semanas, apunta, "vimos como se produciu unha apertura xeralizada das piscinas exteriores en Concellos próximos como Oroso, Ames ou Teo, onde os seus veciños xa desfrutan deste servizo dende hai semanas. Ademais, por se non fora suficiente, o estado xeral da área recreativa a mediados de xuño é francamente lamentable: xardinería descoidada, pontes descolgadas e pechadas, pasamáns completamente rotos e árbores caídas".

“Preguntámonos a que está agardando o Concello de Melide para poñer a punto a área recreativa de Furelos ou se é que xa directamente renegou deste espazo, despois de que por quinto ano consecutivo a calidade das augas de baño do río sexa insuficiente”, insisten os populares.


Así pois, dende o grupo municipal do Partido Popular reclámase maior celeridade a un

goberno local "sumido na deixadez máis absoluta que non se preocupa nin das cuestións e dos servizos básicos que poden mellorar a vida dos veciños e veciñas de Melide. A onde irán os nenos e nenas de Melide cando rematen as clases a vindeira semana?".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

“Xa estamos fartos de ver o que supuxo o peche da piscina climatizada, que levou a moitas familias a desfrutar deste servizo a outros concellos, e agardamos que non suceda o mesmo coas piscinas exteriores, cousa que poñemos en dúbida vistas as ganas de traballar do Goberno de Pérez...”, apúntase dende o PP de Melide.


Así pois, recalca, "seguiremos vixiantes para reclamar ao Concello de Melide axilidade nesta e outras cuestións que son de gran interese para as familias de Melide e que se ven

afectadas únicamente pola inoperancia do goberno local".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page