O PP de Melide propón entregar as Medallas de Melide aos sectores prioritarios da pandemia
- ecosdacomarca

- 15 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
As Medallas de Melide entréganse habitualmente o día de San Pedro, 29 de xuño, para recoñecer a labor de melidenses en diferentes ámbitos. O PP de Melide presentará unha moción para dar a coñecer cales son as súas propostas e entre estas atópanse os distintos sectores que foron prioritarios para loitar contra a Covid-19.

Así considera que é un motivo máis que xustificado que os seguintes colectivos sexan obxecto da maior e máis alta distinción que outorga o Concello de Melide:
Persoal sanitario xeral da área sanitaria que comprende Melide.
Persoal/coidadores de axuda a domicilio e dependencia municipal ademais dos homólogos na Residencia da Terceira Idade de Melide.
Persoal de obras e servizos de limpeza municipais que tiveron un papel prioritario nos primeiros momentos da pandemia na desinfección de rúas e espazos públicos.
Forzas e Corpos de Seguridade melidense: Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
Persoal Docente dos centros educativos e o propio alumnado (tanto infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional) pola súa paciencia e adaptación no desenrolo dos corpos académicos.
O PP vén de presentar unha moción no Concello para que sexa un punto a debater no próximo pleno e que por unanimidade se acepte a proposta dos populares que en si é un xusto recoñecemento ás figuras que loitaron contra a pandemia na primeira liña cando a vacinación aínda non era masiva e as cifras de contaxios eran moi alarmantes.







E non vos olvidedes do persoal das tiendas de alimentación, gasolineras, etc, que estaban expostos e fixeron o seu traballo correndo riscos.
Totalmente de acuerdo. Es justo y merecido, Excepto para el primer colectivo, la atención primaria, que brilló por su ausencia. Cualquiera que la haya necesitado, lo puede corroborar. No estaban ni se les esperaba.