top of page

O PP de Melide presentará unha moción para propiciar un acordo sobre a autovía Lugo-Santiago

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide instará ao goberno municipal AM-PSOE a adoptar "unha decisión sobre a necesidade de presionar ao goberno de España para que remate cun compromiso claro e taxante os tramos Palas de Rei-Melide así como Melide-Arzúa os únicos que non están en

funcionamento da autovía A-54".

Dalia García, portavoz dos populares melidenses ,declara que “é lamentable que Galicia sufra a desconexión do goberno de Sánchez e os seus socios en Melide no alcen a voz ante este feito: milleiros de peregrinos que se ven avogados a camiñar con perigosidade pola falta de compromiso do goberno central para rematar unha infraestrutura pola que levamos agardando décadas; perigosidade que se ve incrementada pola cantidade de tráfico rodado que soporta a N-547 debido á proximidade do último tramo aberto en Palas de Rei e a súa continuidade no extraradio do veciño concello de Arzúa; centos de melidenses que se desprazan a diario á capital da nosa comunidade ben para estudar ben para cumprir coas súas obrigas laborais cuxo peto se resinte ante a suba dos combustibles e a falta de seguridade así como as oportunidades económicas e turísticas que se perden debido a lentitude por executar esta obra”.

Ante isto, o PP melidense presentará no vindeiro pleno ordinario unha moción co fin de propiciar un acordo sobre a pertinencia de obter do goberno central un claro compromiso para o remate da autovía Lugo-Santiago. Segundo os populares, o que pretenden en concreto con esta moción é "presionar ao goberno de Sánchez para que unha vez por todas garantice nos orzamentos do ano 2023 os cartos necesarios para rematar a obra. So así saberemos que é un compromiso serio, porque boas palabras lévaas o vento”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page