O PP de Melide pide "seriedade e rigor aos responsables municipais da restauración da igrexa"
- ecosdacomarca

- hace 20 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O Partido Popular de Melide, ante a polémica xerada arredor das obras de restauración da Igrexa de San Pedro, reclama "seriedade, contundencia e rigor aos grupos políticos municipais, esixindo un mínimo respecto polo criterio profesional dos técnicos responsables da obra",

"Logo da polémica xerada arredor das obras de restauración, queremos amosar primeiramente a nosa satisfacción pola consecución dun importante investimento da Consellería de Cultura, así como expresar o noso respecto e consideración coas decisión técnicas e co criterio profesional dos responsables da redacción do proxecto. Neste sentido, dende o grupo municipal popular enténdese que o criterio técnico e profesional dos arquitectos e dos responsables do proxecto debe primar sobre gustos ou preferencias persoais e que, baixo ningún concepto, se pode poñer en risco un investimento de preto de 700.000 euros por parte da Xunta de Galicia e a realización dunhas obras que son especialmente necesarias tendo en conta o estado de abandono do edificio", sinalan os populares.
Publicidade
E cuestionan que "os responsables do goberno local véñense manifestando nas últimas semanas en contra do proxecto de restauración, a pesar de que coñecen de primeira man que o arquitecto responsable amosou a súa disposición a avaliar in situ o estado da edificación unha vez comezada a obra e decidir sobre a conservación ou non da fachada existente. Pola contra, este grupo entende que será máis razoable agardar á decisión final dos arquitectos antes de faltarlles continuamente ao respecto. Foi especialmente contrario o criterio da concelleira do BNG de Melide, Ana Mosteiro, que forma parte do mesmo goberno local que ven de outorgar a licenza municipal de obra a este proxecto para a súa execución. Preguntámonos por que outorgan esta licencia de obra se consideran o proxecto, según din, un atentado contra o patrimonio. O Concello de Melide chama a manifestarse pero á hora da verdade non pon ningún obstáculo ao proxecto e avanza no trámite legal para a súa execución”.
Publicidade
"Parécenos grave", sinala o PP, "que a concelleira do BNG frivolice desta maneira cun investimento tan necesario. Ela e o seus compañeiros de goberno teranlle que explicar á veciñanza por que axitan a mobilización en contra do proxecto e, á hora de gobernar, votan a favor da execución do mesmo. Pretenden enganar aos veciños? Ademais, cómpre sinalar que resulta contraditoria esta presunta preocupación do goberno local pola protección do patrimonio histórico, mentres que manteñen varios cruceiros fracturados e tirados no chan durante meses nalgunha parroquia de Melide, sen que pareza importarlles demasiado".








Comentarios