top of page

O PP de Melide pide "máis dilixencia para contratar tres motobombistas na última quincena de agosto"

Actualizado: 22 ago 2022

Ecos da Comarca/Melide

O PP pide "máis dilixencia" ao goberno do concello de Melide, "xa que anunciar na semana do San Roque a contratación de tres motobombistas na última quincena do mes de agosto do presente, non ten moito sentido e demostra as poucas ganas de traballo do goberno".

ree

Dalia García, portavoz do PP melidense recalca que “co estado de seca decretado pola comunidade autónoma e polo que percibimos todas e todos o saír o campo e vemos nos medios de comunicación, o goberno de AM-PSOE vai tarde, mal e arrastro” e considera que "non podemos esperar o final do verán a ter estas probas, e eso demostra falta de traballo e de estar no día a día das cousas normais dun concello".

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O PP de Melide fala de que "non é normal que a semana para apuntarse a convocatoria sea a semana do San Roque, onde o horario reducese pola semana grande das festas. Isto provoca que queira apuntarse teña que ir en horarios moi concretos ou ter que desprazarse a outros concellos para facer as xestións oportunas". E engade que "isto todo xunto o tarde que vamos na contratación do persoal e das dificultades para apuntarse", demostra según o PP de Melide "a incompetencia e falta de traballo do bipartito melidense máis preocupados por facer oposición a oposición que por traballar por Melide".


O QUE DI O CONCELLO EN RELACIÓN AO QUE AFIRMAN OS POPULARES NO ENLACE:


 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page