O PP de Melide pide explicacións ao bipartito "pola falta de apoio ao IES para implantar un ciclo"
Ecos da Comarca/Melide
Os populares de Melide pediranlle explicacións ao goberno de Pérez e de Prado ante a "súa ineficacia manifesta á hora de atraer investimentos na comarca que se plasma incluso no silencio que manteñen para non lle dar unha resposta á comunidade educativa que reclama espazos necesarios para levar adiante o proxecto dun ciclo de FP”, sinala a portavoz popular, Dalia García.

“A calada por resposta" é o que os populares achacan ao goberno bipartito AM- PSOE encabezado por Pérez ao que “o cargo lle queda claramente moi grande”, inciden dende a formación. "A dobre vara de medir desta xente manifestase agora: cando estaban na oposición moitos deles cansáronse de dicir que o PP non facía nada e non estaba interesado en ampliar a oferta formativa do IES de Melide. Pois ben, cando todos os IES de toda Galicia medran en oferta formativa debido a flexibilidade que outorga a formación dual o goberno bipartito Pérez-Prado dá a calada por resposta ante a solicitude de espazos necesarios para implementar formacións alternativas", acusan.
Dalia García incide en que “é incríble que cos metros cadrados que están desaproveitados no antigo centro de saúde melidense non se teñan proxectos para Melide de interese como o é este, máis cos desafíos que imos ter que abordar coa implementación de multinacionais coma ALTRI na comarca; a innación é o pasotismo é o selo de identidade deste desgoberno que nin sequera ataende ás convocatorias do Consello Escolar do IES”.
Os populares consideran inaceptable que un curso máis se perda a oportunidade de ofertar novas alternativas académicas no IES de Melide.








Comentarios