O PP de Melide pide explicación da selección do taller de emprego de Melide, Arzúa, Toques e Santiso
- ecosdacomarca
- 28 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide estudiará o procedemento de selección do Obradoiro Dual que o Concello de Melide comparte cos municipios de Arzúa, Toques e Santiso. "Ante as queixas recibidas por varios veciños e veciñas que tendo atendido ás bases non aparecen sequera na lista de admitidos", acusan os populares.

“É escandaloso que este tipo de corruptelas poidan producirse toda vez que os obradoiros son ferramentas que nacen co obxectivo de formar e priorizar aquelas persoas que poidan ter unha maior duración como desempregados ou conseguir formar máis e mellores profesionais; que existan certas prazas do equipo directivo deste obradoiro ás que só atenderon dúas ou tres persoas, é canto menos sospeitoso”.
O PP de Melide adianta "que unha vez lle conste a documentación do procedemento que se poida extraer das XGL que ten pendente de recibir a formación así como a resposta ás preguntas que presentará na vindeira sesión plenaria, seguirá destapando todo aquilo que poida ser sospeitoso de non cumprir coa legalidade”.
コメント