top of page

O PP de Melide pide crear unha comisión de apoio ao comercio local ante os sucesivos peches

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide alerta "novamente, como xa fixo en múltiples ocasións, da grave situación que atravesa o comercio local e que se manifesta no peche continuado dos negocios".

Sinala que "resulta altamente preocupante a deriva que está a ter o sector comercial de Melide, onde cada vez son menos os novos negocios e son máis os negocios que baixan a súa persiana de xeito definitivo. O Partido Popular de Melide leva alertado disto dende hai meses e reitera esta preocupación logo de coñecer nas últimas semanas a liquidación doutros tres negocios do núcleo urbano".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Recalca que "como grupo maioritario do Concello de Melide vémonos na obriga de loitar polo futuro comercial da nosa vila e iso comeza por alertar e denunciar a gravidade da situación actual. Ante isto, demandamos a creación dunha comisión especial de apoio ao Comercio Local, con representantes institucionais, asociativos e, por suposto, unha representación dos diferentes sectores económicos da vila".


“Os veciños de Melide e, especialmente, os representantes públicos temos que ser os primeiros en apoiar o comercio local, mais o seu bo futuro vai ligado a un desenvolvemento global do Concello. Non é posible que o sector comercial sexa competitivo se os servizos públicos empeoran e se non se atraen novos investimentos empresariais ”, apúntase desde o Grupo Popular. 

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nesta liña, o PP de Melide denuncia "a perda de servizos de calidade que sufrimos nos últimos anos" e reclama ao tripartito "un plan estratéxico que realmente beneficie ao comercio local, con campañas de dinamización e coa atracción de novos servizos que permitan fixar poboación e incentivar o consumo en Melide".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Entendemos que estamos ante unha situación límite, acentuada polo declive xeral dos útlimos anos, e que esixe actuacións inmediatas por parte dos responsables municipais. O Partido Popular de Melide está a disposición para colaborar naquelas medidas que favorezan a porvir do noso eido comercial, que foi tradicionalmente referente na comarca e sinal de identidade da nosa vila".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page