O PP de Melide pide ao goberno local que "cumpra coa lexislación vixente en Radio Melide"
- ecosdacomarca

- 10 may 2022
- 2 Min. de lectura
Sinala que o faga tal e como lle recomenda a Valedora do Pobo propoñendo a regulamentación dos medios de comunicación local
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide rexistrou o pasado decembro unha queixa ante a Valedora do Pobo debido "aos ataques políticos que ten recibido dende a páxina de todos/as ademais das redes sociais do Concello de Melide por parte do bipartito AM-PSOE". Os populares indican que a Valedora admitiu a trámite a queixa iniciando a pertinente investigación que vén de ser trasladada ao PP o pasado venres.

O PP cualifica a resposta do bipartito á alta comisionada autonómica de "auténtico relato novelesco de ficción por parte de AM e do PSOE ao xustificar a inexistencia do programa de Radio Melide que se viña celebrando tradicionalmente entre os grupos políticos con representación municipal no pleno dende hai máis de quince anos baixo o mandato de AM-PSOE con argumentos como o seguinte “(..) senón que se suprimíu integramente a
programación de tarde da radio por razón da baixa laboral da locutora que a cubría, en unión a súa posterior e inmediata situación de conciliación de vida laboral e familiar que obrigou a que pasase a prestar os seus servizos en horario de mañá. (...) ademais se pon de manifesto que non é o Concello de Melide o que establece a programación da radio, senón que son as locutoras as que, con plena autonomía, sen seguir directriz ningunha do Concello, acordan a programación e os seus contidos, quedando garantido a independencia do medio de comunicación”.
A voceira popular, Dalia García, denuncia que “baixo o goberno municipal bipartito abadeirado por J.M. Pérez as liberdades democráticas de Melide quedaron claramente
mermadas; no mesmo escrito de contestación á queixa da Valedora o que se fai é montar un relato no que se utiliza aos traballadores do Concello como excusa pola súa falta de transparencia; o que é un feito constatado e que hai hemeroteca e arquivos sonoros que demostran que os membros do goberno bipartito AM-PSOE acoden á Radio Melide facendo comentarios sobre os que a oposición, nese mesmo espazo, non se pode defender, non son entrevistas ou monólogos de carácter institucional e, dubidamos moito, que iso ocorra, como di o alcalde “porque así o organizan as locutoras” que por outra banda, son traballadoras libres e sempre o foron baixo o mandato do PP: proba é as
entrevistas que tanto o concelleiro Xosé Igrexas no seu día así como J.A. Prado facían libremente cando gobernaba o PP".
E insiste en que as recomendacións da Valedora ao goberno municipal son claras: "o Concello debe adoptar un regulamento de utilización da Radio Municipal e das redes socias xa que non poden ser estas un instrumento partidista que pode vulnerar os dereitos de participación política dos membros da corporación como así o está facendo".







Comentarios