top of page

O PP de Melide insta ao Concello a montar unha pantalla xigante para ver a final do Mundial de fútbol

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide recolleu nos últimos días as demandas dos veciños e veciñas de Melide que agardan a montaxe dunha pantalla de gran tamaño para visualizar o partido entre España e Arxentina deste domingo. "Polo cal dende a nosa formación facemos pública esta petición e reclamamos ao Goberno local que leve a cabo esta actuación", sinalan os populares.

Recalcan que son moitos os concellos que xa retransmiron outros partidos da selección nacional ao longo das pasadas semanas, e moitos outros sumaranse este domingo para ver a gran final. "Neste sentido, entendemos que o Concello de Melide non lle pode dar as

costas a esta realidade e aproveitar a ocasión deste día histórica para que todos os veciños e veciñas de Melide poidan desfrutalo xuntos".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Trátase, apunta, "dun acontecemento deportivo que une aos veciños arredor dun sentimento común, polo cal a retransmisión en público do encontro sería unha ocasión

excepcional para crear un espazo de amizade entre diferentes colectivos e xeracións

da nosa vila". “Decenas de persoas nos preguntaron nestes días se o Concello de Melide tiña pensado colocar unha pantalla para retransmitir esta final, á vista de que está sucedendo moitos concellos galegos. Xa está ben de que Melide vaia novamente

un paso por detrás pola desidia do seu goberno. Pedimos ao Concello que cumpra e desfrutemos todos xuntos dunha noite histórica.”, sinalan os populares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Desta maneira, dende o PP de Melide fai pública esta actuación, "que por simbólica que sexa, é moi demandada polos veciños e veciñas e nos permitiría a todos compartir unha noite que ben seguro será recordada durante moitos anos. Agardemos que o Concello de Melide estea á altura da ocasión".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page