Ecos da Comarca/Melide
O PP melidense demanda que se faga un uso público equitativo e coidadoso co mobiliario e edificios municipais "logo de detectar que hai carpas de propiedade municipal abandonadas á súa sorte no antigo centro de saúde e no campo de fútbol municipal, neste último caso, dende hai máis dun ano co seu conseguinte deterioro". Os populares melidenses chaman a atención igualmente "sobre o estado de abandono e maleza do edificio así como a falta de mantemento da xardinaría do novo ambulatorio. A desidia é a palabra que mellor define a este goberno”, sinala a portavoz popular, Dalia García.
"A maleza así como o abandono latente do mobiliario municipal, son buques insignia do bipartito capitaneado por Pérez”, afirma García ao denunciar o estado no que se encontra parte do mobiliario municipal. "Mentres se gastan cartos en alugueiro de carpas para eventos culturais as carpas que posúe o Concello dende hai anos están sendo estragadas por un mal uso e un estado de abandono palpable", sinalan os populares melidenses. “O despilfarro de recursos públicos en cuestións que non repercuten no interese público parece ser o único que saben facer ben os actuais responsables municipais”, din os populares.
Así as cousas, detectan "un estado de deixamento respecto a dúas carpas situadas dende hai máis dun ano no campo de fútbol municipal e outra no centro de saúde antigo que lonxe de recollerse levan semanas abandonadas". A isto, apuntan, "engádeselle a falta total de mantemento da xardinaría, abandonada a súa sorte, tanto do antigo centro de saúde como do novo, coa conseguinte imaxe dun Melide abandonado a súa sorte por culpa da incapacidade dos que nos gobernan", sinalan dende a formación conservadora, quen amosan preocupación por outras cuestións das que irán informando progresivamente.
A carpa do centro médico que cuestiona o PP.
Comments