top of page

O PP de Melide insta a reforzar a seguridade na vila ante os roubos producidos no centro urbano

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Demanda que se reúna de inmediato a Xunta Local de Seguridade para analizar os últimos acontecementos


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide solicita que se reúna de inmediato a Xunta de Seguridade Local para analizar "a situación de inseguridade do municipio" e se reforce a presenza das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ante o aumento de poboación no núcleo urbano nos meses de verán e despois dos últimos acontecementos acaecidos nesta vila. “No día de onte (por este martes) houbo novamente dous intentos de roubos no mesmo centro do pobo o que prexudica a imaxe de Melide, do Camiño de Santiago e aos propios veciños e comerciantes”, sinala Dalia García, a portavoz do PP de Melide.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os populares denunciaron hai días esta situación que se saldou coa detención nos últimos días dun sospeitoso de realizar ata seis substraccións. A portavoz dos populares melidenses sinala que “pedirán responsabilidades de si se reforzou ou non a seguridade dende que o PP o pediu así como instan ao bipartito AM-PSOE a reunir a Xunta Local de Seguridade inmediatamente e analizar a situación de roubos continuados no municipio para reforzar a vixilancia e impedir, na medida do posible, situacións de inseguridade

recorrente no municipio que danan a imaxe de Melide e do Camiño de Santiago”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page