top of page

O PP de Melide informa que a Xunta arranxará o peche do colexio en toda a rúa Martagona

E insta ao Concello á reparación do mesmo no treito da rúa Santiso


Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide amosa a súa satisfacción polo acordo acadado esta semana entre a Xunta de Galicia e a ANPA do colexio Martagona de Melide, nunha reunión celebrada o pasado martes. "Neste sentido, a Xunta de Galicia comprometeuse a reparar integramente o peche exterior no treito ubicado na rúa Martagona, que ten maior extensión, mentres que a administración autonómica insta ao Concello á reparación do mesmo no treito da rúa Santiso", sinalan os populares.

ree

"Dende o PP de Melide entendemos que é unha solución axeitada que pon en valor o

compromiso da Xunta de Galicia coa nosa vila e particularmente con esta problemática, pois finalmente asumirá máis do 50% da reparación do peche. Así mesmo, dende a nosa formación reclamamos agora ao Concello de Melide que faga efectivo este acordo e se comprometa a reparar o peche do colexio no treito da rúa Santiso, pois cómpre lembrar que se o peche está nestas condicións é sinxelamente pola falta de mantemento do mesmo nos últimos anos, competencia exclusiva do Concello, de maneira que debe asumir algunha responsabilidade, tal e como viñemos reclamando nos últimos meses".


"Agardamos que logo deste fructífero acordo se poña fin a esta incomprensible situación e que dunha vez por todas os nenos e nenas deste centro poidan desfrutar do patio exterior como é natural".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

E salienta que "o grupo popular seguirá estando a disposición das familias afectadas, esixindo responsabilidades e sempre na procura dunha colaboración administrativa e

institucional axeitada que poña fin a esta e outras problemáticas que se poidan dar".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page