top of page

O PP de Melide impulsa unha batería de medidas para celebrar o Mercamelide de Inverno

19 ene 2023
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide defende e reivindica a celebración do Mercamelide como feira de oportunidades do interior de Galicia co fin de dinamizar a economía local. "Mantivemos unha reunión co sector interesado en celebrar a feira, un evento integramente municipal, do que pensamos que debe evolucionar e medrar, pero se hai máis do 50% do comercio interesado o lóxico é que se celebre", sinala a portavoz do PP, Dalia García.

O grupo municipal popular considera que "sería un erro deixar escapar o evento" que a xuízo dos populares "estaba máis que consolidado e que lonxe de eliminarse debería de incentivarse e medrar en cada edición". “Isto é unha mostra máis da deixadez e da falta de ideas do executivo melidense encabezado por Pérez, cando non se traballa estas son as fatídicas consecuencias; aos autónomos, a aqueles que veñen investir ao noso territorio, aqueles que se quedan en Melide como a vila onde van a desenvolver a súa vida, a estes hai que apoialos en todo o que se poida dende as Administracións e o Concello debe dar exemplo”, declara a García.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así as cousas, indica, "e consensuado cos afectados", os populares rexistrarán unha solicitude na cal demandan a celebración do evento, a convivencia con outros eventos patrocinados pola Xunta de Galicia así como a organización de talleres infantís, actuacións, reclamos gastronómicos e publicidade como actividades que complementan a dinamización do comercio local. Recórdanlle ao alcalde que "o Concello de Melide recibe unha subvención da DX de Comercio para organizar este tipo de actividades, ademais, de ter en orzamento, 12.000 euros para o Mercamelide". Dende o PP “agardamos que nos vindeiros días se tome unha decisión e que sexa a máis adecuada para todos, sobre todo para o sector, que non é outra que a celebración do evento”



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page