O PP de Melide esixe "pasarelas de acceso na rúa San Pedro que cumpran coa seguridade para os peóns"
- ecosdacomarca

- 25 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide rexistra unha solicitude para analizar o plan de seguridade da obra que está executando o Concello de Melide na rúa de San Pedro. Os populares melidenses apuntan que "no primeiro POS que o bipartito Pérez-Prado aprobou a obras estes xa advertiron de que non era das obras máis prioritarias do casco antigo e que había moitas rúas con peores pavimentos máis o bipartito fixo oídos xordos, incluso ao coincidir a execución da mesma co ano Xacobeo".

Aínda que os populares aplauden "que conseguiron dilatar a execución ao segundo ano Xacobeo despois da pandemia", consideran que "esta non é maneira de tratar ao sector
hostaleiro e comercial da vila nunha das súas principais arterias do casco antigo. Esta obra debería ter un plan de accesos seguros mediante pasarelas así como unha planificación inmediata de cara a duración das obras; pola contra o que temos agora mesmo é o peche inducido de comercios que están perdendo a tempada de outono/inverno en épocas moi propicias á venda como son o inicio de cursos académicos universitarios e escolares así como as compras pre- Nadal".
A voceira popular, Dalia García, reitera “chegaremos a onde teñamos que chegar para que o plan de seguridade da obra se cumpra integramente, se respecten as actividades comerciais que fan de Melide o que é, un pobo dinámico e vizoso, e non consentiremos ningún tipo de abusos”.







Comentarios