top of page

O PP de Melide esixe actuación inmediata "ante o abandono das beirarrúas de Santa María"

30 ago 2025
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal do Partido Popular de Melide denuncia "o estado inaceptable das beirarrúas na parroquia de Santa María" e esixe medidas urxentes "ante o risco que supoñen para a seguridade cidadá e a imaxe turística da vila".

Sinalan que "as aceras atópanse afundidas, con baldosas rotas ou desaparecidas, sen

limpeza e cubertas de maleza. Esta situación supón, ademais dun impacto visual lamentable, un incumprimento das normas de accesibilidade e seguridade peonil, e pode provocar caídas e lesións entre as persoas que as utilizan —especialmente maiores e familias—. Tamén resulta inaceptable dende o punto de vista da imaxe pública: centos de peregrinos e visitantes do Camiño de Santiago transitan por este tramo e atopan unha estampa que non se corresponde coa proxección que Melide debe ofrecer".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A travesía, apuntan os populares, "soporta circulación intensa e vehículos que frecuentemente circulan a velocidade excesiva". Por iso o Grupo Municipal reclama un reforzo inmediato do control do tráfico e a implantación das medidas físicas necesarias para reducir a velocidade e protexer aos peóns, como pasos de peóns elevados, resaltos, plataformas de calmado, mellora da sinalización e da iluminación, así como calquera outra solución técnica efectiva.


O Partido Popular de Melide esixe á Deputación da Coruña que actúe con urxencia e reclama ao Concello que asuma un papel activo de intermediación e presión para promover e coordinar as actuacións necesarias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para o Grupo Popular resulta "inaceptable o estado de conservación actual, polo que trasladamos estas demandas veciñais co obxectivo de urxir unha actuación inmediata que dea solución a esta problemática".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page