top of page

O PP de Melide denunciará ante a Comisión de Transparencia "a dificultade de acceso a expedientes"

13 jul 2022
2 min de lectura

"Non imos perrmitir que a media de acceso aos expedientes para informar á veciñanza ante peticións que recibe o PP sexa de mínimo dous meses, e cando se accede, non se inclúa toda a información"


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide denunciará ante a Comisión de Transparencia Galega "a continua falta de información que se lle nega ao PP". Dalia García, portavoz dos populares melidenses, indica que “temos unha media de dous meses de acceso a un expediente municipal cando se piden copias esos dous meses elevanse a catro cando a lei de transparencia galega marca un prazo claro de como máximo un mes; reiterámoslle ao alcalde melidense que

retificara tendo como resposta novamente o acceso ao mesmo expediente o día 22 de agosto, polo que decidimos, unha vez informados xuridicamente, que denunciaremos o caso ante a Comisión de Transparencia” sinala a voceira, quen considera ademais “inaudito e lamentable que se negue e obstaculice o acceso aos expedientes municipais simplemente porque o bipartito Pérez- Prado utiliza, unha vez máis, o Concello como un ente partidista e privado, cando o Concello é un Concello de todos”.

O PP de Melide realizou unha reiteración do escrito de acceso ao expediente da Foliada de Melide que "consultou o día 23 de xuño despois de telo pedido a finais de abril toda vez que comprobou que non estaban incluídos os contratos de patrocinio que o Concello de Melide distribuirapolos locais de hostalería co motivo de celebración deste evento".

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Así mesmo recalca que dende o PP non van permitir "que a media de acceso aos expedientes para informar a veciñanza ante peticións que recibe o PP sexa de mínimo dous meses, e cando se accede, non se inclúa toda a información. Motivo polo cal tomará as medidas de amparo provistas pola lei".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page