Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide vén de denunciar que un ano despois o mercado dominical sigue no emprazamento dos arredores do parque Rosalía e praza das Universidades a pesares das promesas de reorganización e volta aos enclaves orixinais que o bipartito AM-PSOE acudiu cando tivo críticas por parte dos sectores afectados. “Calquera día da semana é mellor ca
un domingo”, sinalan dende as filas populares, quen veñen de escoitar o balance de varios comerciantes.
A voceira popular, Dalia García, apunta que “lonxe de escoitar á vila e respectar as tradicións, o bipartito impón o seu criterio sen contar cos sectores afectados o que dista moito do respecto á legalidade vixente, en definitiva, Pérez goberna á golpe de decretazo” afirma.
Consideran que as feiras de cada domingo esmorecen día a día, con ambulantes que contaban coa súa licenza que prefiren acudir a outras feiras con moita menos repercusión que Melide e outros, acheganse de maneira irregular a cubrir os ocos deixados polos primeiros. Dende a formación conservadora indican que "o “modus operandi” do bipartito que sofre Melide é deixar pasar os días no calendario, antes que sentarse a cumprir a palabra dada tanto ao gremio dos comerciantes locais como aos propios ambulantes. Ninguén soubo o motivo de mudar o mercado para esta zona de Melide así como ninguén sabe que pasará con el nun futuro". Mentras tanto, reiteran dende o PP de Melide, "é a nosa vila quen perde de xerar riqueza fronte a outras vilas dos arredores que se nutren da debilidade que neste momento ten Melide".
Comments