top of page

O PP de Melide denuncia que o bipartito sigue negando darlles información

O grupo popular accedeu dous meses despois de telo solicitado, ao expediente no que solicitaba unha serie de documentación sobre a Foliada


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide vén de constatar que "o bipartito Pérez-Prado sigue negándose a dar a información que solicita o PP incurrindo nunha infracción tipificada pola Lei de Transparencia", sinala a portavoz popular, Dalia García.

"Dous meses para acceder a un expediente solicitado o pasado abril, cando a lei tipifica como máximo o prazo dun mes, do que achegamos copia a esta nota de prensa e unha vez que accedemos ao mesmo, vemos que non se nos dá acceso a dous dos tres puntos que solicitamos", critica.

Así mesmo, incide en que “temos no noso poder os contratos de “patrocinio” que o bipartito de Pérez e Prado instou á súa firma por parte dos locais de hostalería para a celebración da Foliada e hoxe non puidemos consultalos no expediente, así como tampouco o informe que existe sobre eles dos técnicos municipais ao ter o Concello un ingreso que debe xustificar".

Por outra banda, apunta a portavoz municipal dos populares melidenses, “o goberno de Melide non posúe a sensibilidade que debe de cara os sectores económicos da vila como é o da hostalería; é dicir, despois de meses tan duros como os da pandemia onde este foi un dos sectores máis castigados polo confinamento e recordemos, nos que o Concello non provisinou ningunha axuda directa ao sector, nun ano no que o Concello recibe un total 18.333 euros da Deputación da Coruña xunto cos 15.000, que constan no orzamento municipal para a celebración da Foliada, e vista a boa saúde económica do Concello, non entendemos porque non se tivo en conta esta situación e desistir da utilización destes contratos de “suministro” de dúbidosa legalidade”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page