top of page

O PP de Melide denuncia o estado da auga no municipio e esixe medidas urxentes ao tripartito

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide quere denunciar, "unha vez máis, o lamentable estado da auga potable que chega aos fogares do noso municipio. Durante esta mesma mañá, (por onte, venres) veciños e veciñas alertaron da saída de auga con cor marrón dos grifos, unha situación que, por desgraza, ven producíndose de xeito recorrente nos últimos tempos en diferentes zonas de Melide".

Esta realidade, apuntan os populares, "que afecta directamente á saúde pública e á calidade de vida da cidadanía, evidencia unha grave falta de mantemento e investimento por parte do goberno municipal actual, formado polo tripartito Adiante-BNG-PSOE. Desde o PP consideramos inadmisible que dende o Goberno Municipal continúen sen dar solucións reais a un problema tan básico e esencial como o acceso a auga potable en condicións óptimas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por todo isto, o PP esixe ao goberno local:


1. Información clara e inmediata sobre a orixe destas incidencias.

2. Transparencia sobre as analíticas da auga e os posibles riscos para a saúde.

3. Un balance detallado das inversións realizadas na rede de abastecemento nos últimos anos.

4. A posta en marcha dun plan urxente para mellorar a calidade da subministración de auga no municipio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Desde o Partido Popular de Melide continuaremos a defender os intereses da veciñanza, denunciando con responsabilidade e firmeza situacións que poñen en risco a saúde e o benestar da poboación", salientan.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page