top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide denuncia a suciedade e falta de mantemento da rede de saneamento da Av. De Compostela

Ecos da Comarca/Melide

Os populares melidenses veñen de detectar a cantidade de refugallos que se encontran e se poden apreciar a simple vista na Avenida De Compostela "froito dunha deixadez evidente na limpeza da rede de saneamento".

“Coas precipitacións que estamos tendo neste inicio de verán apreciase a falta de mantemento do bipartito melidá en moitas cuestións; esta é se cabe máis grave xa que cansaron de criticar cando estaban na oposición; hoxe, dous anos despois da nova lexislatura, as cuestións siguen peor, cartos públicos dilapidados en obras sin sentido que trasladan as augas fecais ao regato da Martagona, na estación de bombeo do Ribeiro” sinala a voceira popular, Dalia García.


Sinala que "é un asunto que vimos denunciando en varias ocasións", reclamando ao menos unha limpeza da rede "como se facía habitualmente". “Pódese comprobar perfectamente que esas accións que co meu goberno eran habituais agora lonxe de selo son residuais”, incide.


"O bipartito non se ocupa dos problemas dos melidenses condenando a Melide a un ostracismo sen precedentes", reiteran dende as filas populares e reclaman que se proceda a unha limpeza inmediata "máis se cabe en tempos de pandemia onde a limpeza é fundamental para evitar cadeas transmisoras de virus".

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page